A Escola Municipal de Música de Burela organiza dous concertos remate do VIII Curso Interdisciplinar de Música. Serán o 6 e o 7 de xullo.

A Escola Municipal de Música de Burela organiza dous concertos como remate do VIII Curso Interdisciplinar de Música que se desenvolve desde o pasado luns e ata o venres, día 7.

O primeiro dos concertos celebrarase o xoves, 6 de xullo, ás 20:00 horas no Auditorio, e nel participarán o grupo de banda e o grupo de orquestra.

O segundo concerto terá lugar o venres, 7 de xullo, ás 20:00 no Auditorio, e será unha adaptación da ópera Os tres patacóns. Esta actuación correrá a cargo dos participantes no taller infantil, o grupo de coro, membros das seccións de corda e vento da Escola Municipal de Música de Burela, e do grupo de jazz.

No VIII Curso Interdisciplinar de Música participan arredor dun centenar de nen@s e xoves distribuídos nos diferentes talleres. No obradoiro infantil hai 30 nen@s con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. No taller de coro están a participar 30 persoas, e nos de banda e orquestra outros 30 nen@s e xoves en cada un deles.

O obxectivo do curso “é rematar as actividades do ano dun xeito lúdico para os alumn@s da Escola, e achegar estas ensinanzas ao público en xeral”, segundo sinalan desde a dirección da Escola Municipal de Música de Burela.