A Escola Municipal de Música de Xove organiza un obradoiro de iniciación os sábados do mes de xuño.

A Escola Municipal de Música de Xove organiza o Obradoiro de Iniciación Musical que se desenvolverá durante o mes de xuño.

Este obradoiro gratuíto levarase a cabo na Escola Municipal de Música, en Palmeiro, que porá o seu instrumental a disposición dos participantes. Está destinado a todos os rapaces dende primeiro de Primaria en diante e para inscribirse terán que cumprimentar a documentación que entregarán presencialmente na Escola de Música o primeiro día do taller.

A actividade realizarase os sábados 3, 10, 17 e 24 de xuño, de 11:00 a 12:00 horas, e rematará coa participación conxunta no concerto de fin de curso da Escola de Música.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Xove e Prestixove.