A Escola Municipal de Teatro da Pontenova presenta na Casa da Cultura local a obra “Pontenova Fassion Wii” o 27 de xaneiro

A Escola Municipal de Teatro da Pontenova presentará na Casa da Cultura da localidade a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” o sábado 27 de xaneiro ás 21:00 horas.

Trátase dunha comedia para todos os públicos escrita por Guillermo Cancelo e a sinopse é: “A deseñadora Carme Fouzas, natural da Pontenova, recibe o Premio Nacional de Deseño de Moda, ocasión que aproveita a alcaldesa dese Concello para organizar un desfile e, dese xeito, desviar a opinión pública local da maraña de corrupción urbanística na que se atopa. O traballo da deseñadora chama a atención do mesmísimo Benancio Hortera, o cal fará todo o que faga falta para que eses deseños formen parte da súa nova colección”.