As escolas deportivas municipais de Foz ofrecen nove especialidades na tempada 2023-24.

As escolas deportivas municipais de Foz ofrecen para a tempada 2023-24 nove especialidades: ximnasia rítmica, patinaxe, teatro, cerámica, multideporte, tenis coreodance kids, badminton e kickboxing.

As actividades, que son para nad@s entre os anos 2007 e 2019, empezarán o 2 de outubro e a inscrición pode facerse ata ao 29 de setembro. Para máis información os interesados poden dirixirse á Casa da Xuventude, teléfono 982.133.037.

A Delegación de Xuventude e Deportes do Concello de Foz agradece ao CEIP O Cantel e ao CEIP Nº 1 pola cesión das súas instalacións para o desenvolvemento destas actividades.