A escritora coruñesa Abril Camino presenta a súa última novela en Foz este venres, 2 de febreiro

Librería Bahía, de Foz, anuncia que a escritora coruñesa de ascendencia focega Abril Camino vai estar este venres, 2 de febreiro, no hotel Malates presentando a súa última novela, titulada “Nuestro último verano en la isla”; unha illa que, segundo ela mesma conta, parécese moito a Foz.

A presentación será ás 19:30 horas. O Boutique Hotel Malates Slow está na rúa Asteleiros, número 7, da vila focega.