A escritora Raquel Rey presenta a súa novela "Bon Vivant" o 21 de marzo na Librería Bahía, en Foz.

A escritora focense Raquel Rey presentará este xoves, 21 de marzo, na Librería Bahía, de Foz, a súa novela Bon Vivant. O acto dará comezo ás 20:30 horas.

Este é a última obra de Raquel Rey, quen asina co pseudónimo de Elizabeth Bowman. Amor, sedución e esperanza son os ingredientes desta novela editada por Titania.

Bon Vivant chega tras o seu libro Magia en las Estrellas, presentado hai dous anos e que foi o primeiro en poder adquirirse no mercado español despois de varias novelas publicadas por editoriais hispanoamericanas.