Está aberta a inscrición para participar no obradoiro "A horta en macetas", que será impartido en Ourol o 21 de abril.

O Concello de Ourol abre o prazo para anotarse no obradoiro A horta en macetas, que se impartirá o vindeiro 21 de abril. 

Trátase dun obradoiro de carácter teórico-práctico co obxectivo de aprender a importancia de elixir ben as macetas, os abonos, de cómo regar e cando facelo, os invernadoiros, os transplantes...

O obradoiro será impartido o 21 de abril de catro a oito da tarde no edificio multiusos de Ourol. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse nos teléfonos:  982 55 90 19 ou 608 694 051 (WhatsApp) ata o 19 de abril. As prazas son limitadas.