Este venres, 16 de febreiro, presentan en Ribadeo o libro “Galicia latente”, de Eduardo de Martís

Este venres, 16 de febreiro, ás 20:00 horas, en Ribadeo, concretamente na Casa do Viejo Pancho, será presentado o libro titulado “Galicia latente”, escrito por Eduardo de Martís.

Ademais do autor, no acto intervirán Claudia del Pino, en representación da Mancomunidade de Concellos da Mariña; Elvira Posada, de Muiñeiras de Requiande; e a axente turística Noemi Díaz.

O libro recolle unha escolma de fotografías coas que o autor pretende achegarnos un retrato dunha Galicia diversa e moderna, así coma as novas formas de tecido cultural que están contribuíndo a conformar comunidade.