A exposición "A Mariña Somerxida" pode visitarse ata o 27 de setembro no Centro Cívico de Xove, en horario de tarde.

A Sala do Centro Cívico de Xove acolle a exposición A Mariña Somerxida. 

Esta mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 27 de setembro e pode visitarse en horario de 18:00 a 22:00 horas de luns a domingo.

A exposición permite descubrir, máis aló da superficie dos nosos mares, un mundo incrible de especies únicas a través da bioloxía, a fotografía, a conservación e a biodiversidade. A mostra fotográfica presenta obras de Calos Gil e Hugo Fernández.

A actividade está organizada por GALP A Mariña-Ortegal, a Xunta de Galicia e a Unión Europea.