Fallados os premios do VIII Concurso de Fotografía Medioambiental en Xove. Da imaxe gañadora é autor David Mariño.

O Concello de Xove, a través da Concellería de Medioambiente convocou a comezos do verán o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso houbo unha única categoría. O xurado, composto polo fotógrafo xovense Santos Cordovilla e o fotógrafo de El Progreso José María Álvez acordou otorgar os seguintes premios:

Primeiro premio de 120 €uros: Dº DAVID MARIÑO BOUZA coa obra “PLAYA DE REBOEIRA“.

Segundo premio de 100 €uros: Dº ANTONIO HERRERA HUERTA  coa obra “RESCATE EN SARÓN“.

Terceiro premio de 90 €uros: Dº GERMÁN PALEO NAVARO coa obra “ NÉBOA NO RONCADOIRO“.

Cuarto  premio de 75 €uros: Dº MARÍA ISABEL PÉREZ MARTÍNEZ coa obra “SOLPOR DENDE MORÁS“.

Quinto premio de 65 €uros: Dº JOSÉ MANUEL ARROYO GIMENO coa obra “FARO DE RONCADOIRA“.