As festas patronais de Xove, na honra de San Bartolo e da Virxe do Carme, serán do 17 ao 22 de agosto.

Xove celebra as súas festas patronais, na honra de San Bartolo e a Virxe do Carme, do 17 ao 22 de agosto, con actividades lúdicas, gastronómicas e relixiosas, así como diversas actuacións musicais  tódolos días.

As festas comezarán o mércores, 17 de agosto, as 20:30h, coa actuación de Queiman e Pousa, “Un verso, un cantar”, na Praza do Concello, da man da Xunta de Galicia. O 18 de agosto comezará ás 12:00h coa obra “A caixa sen pandora” do Teatro Ghazafelhos, na Praza do Concello, da man de Ler conta moito. As 20:30h será o pregón das Festas, no Salón de Actos do Centro Cívico, a cargo de Xan Carballal, director da Orquestra Clásica de Xove, seguido polo concerto de Óscar Ibáñez & Tribo na Praza do Concello as 22:00h, organizado por Concertos do Xacobeo.

O venres, 19 de agosto, estará instalado o escape hall “Operación Diamante” no Salón de Actos, en horario de 10 a 15 horas e de 16 a 19 horas, ao que se poderá acudir individualmente ou en grupo, a partir de 6 anos. As 20:00h será a sardiñada popular, animada pola Charanga de Neda, á que se acudirá comprando un tícket con custe de 3€. O día remata as 22:30h coa verbena amenizada polas orquestras Finisterre e América.

O sábado 20, pola mañá, terá lugar un pasarrúas coa Banda de Gaitas Marino Tapiega e os Cabezudos da A.C.Saíñas. As 13:00h misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo e procesión co Grupo de Gateiros da A.C.Saíñas, seguida pola sesión vermú amenizada pola orquestra Solara. As 20:00h haberá unha actuación da Asociación Cultural Saíñas no Pavillón de Deportes e por último a verbena coas orquestras Solara e Charleston, rematando a xornada coa actuación da Disco Móbil Decibelios.

Xa o domingo 21 haberá pola mañá un pasarrúas coa Banda CC.TT. Ntra. Sra. de la Misericordia, seguido as 13:00h pola misa solemne cantada por un grupo de Orquestra Clásica de Xove e da E.M. de Música de Xove, e procesión coa Banda CC.TT. Ntra. Sra. de la Misericordia. A sesión vermú será amenizada pola orquestra Pontevedra, que repetirá pola noite na verbena, acompañando á Olympus.

Por último, o luns 22 é festivo local, e celebrarase o Día da Infancia con inchables na Praza do Concello a partir das 17:00h, para os que haberá que levar toalla e bañador.