Foz acollerá o 7 de outubro o sorteo de 1.500 euros en vales de compra da campaña da FCAM.

Foz acollerá o día 7 de outubro, sábado, ás oito e media da tarde o sorteo de 1.500 euros en vales de compras da campaña da Federación de Comercio de A Mariña.

Para participar hai que gardar os tíckets das compras realizadas entre os días 1 e 7 de outubro e presentalos o sábado, día 7, de 11 a 14 horas ou de 17 a 20:30 horas na carpa que estará instalada diante da Casa do Concello de Foz, lugar onde se realizará o sorteo presencial dos 1.500 euros en vales de compra.

Os establecementos focenses que participan nesta iniciativa son 5 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou Centro Óptico Foz, Calzados Pirde, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro Dietético y Nutrición Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Oulet, Don Zapato, Electricidad Núñez, Estación de Servicio La Ola, Ferretería Fuente, Floristería Ana Fabeiro, Floristería La Gardenia, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Home Secret, Infotec, Joyería Iria Rodríguez, Juguetería Din&Don, Kukadas, La Flor Abulense, Librería Bahía, Longarela, María Docampo, Ofifoz, Pastelería Anduriña, Salai Campo, Suministros Veipa, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Oulet, Viajes Rodríguez, Xanela Agasallos e Complementos e Zapatería Carmen León.

Desde Acia/Centro Comercial Aberto de Foz animan “a participar nesta campaña, que chega á súa terceira edición, e que repartirá en total máis de 10.000 euros en premios nos sete sorteos que se realizan ata o 11 de novembro. Ser afortunado con algún destes premios é unha boa maneira de darlle a benvida ao outono”.