Galitoon presenta o espectáculo Güela-Güela en Burela este sábado, 23 de marzo

A Casa da Cultura de Burela acollerá a representación da obra de teatro de monicreques Güela-Güela, de Galitoon. Está dirixida a un público infantil e familiar e a entrada ten un prezo de 3 euros. Será ás 18:00 horas deste sábado, día 23 de marzo.

Trátase dun espectáculo baseado na obra Concerto de aves, de Frans Snyders, moi visual e cargado de música e emocións. Narra as aventuras de Güili, unha pequena cegoña.