A hostalaría focense servirá tapas afrodisíacas os días 16 e 17 de febreiro. A cita, que chega á súa 8ª edición, está organizada polo CCA.

Mañá e o sábado terá lugar en Foz a 8ª Festa Afrodisíaca, que organiza o Centro Comercial Aberto. 

Durante esas xornadas nos locais hostaleiros da localidade haberá tapas afrodisíacas. Entre as propostas que se poderán atopar e saborear non faltarán produtos como o chocolate, a canela, o aguacate, as ostras, as framboesas negras, os dátiles, a vainilla ou as améndoas, entre outros.

Coa 8ª Festa Afrodisíaca o Centro Comercial Aberto de Foz celebra San Valentín. Ademais do 10 ao 14 de febreiro tres pastelerías (Amarena, Anduriña e Xoyma) serviron doces afrodisíacos e o vindeiro día 20 terá lugar o sorteo de 5 ceas, para dúas persoas cada unha, entre aqueles clientes que fixeron as súas compras no comercio asociado do 7 ao 14 de febreiro. O sorteo terá lugar ás 13:00 horas e realizarase a través de Radio Foz.