A I Carreira Popular Vía Verde do Eo será o 23 de xuño. Inclúe unha homenaxe a Tito Margaride en A Pontenova.

A asociación cultural e deportiva As Minas organiza a I Carreira Popular Vía Verde do Eo, que se celebrará en A Pontenova o 23 de xuño.

Esta carreira, de 10 quilómetros de percorrido, partirá do concello asturiano de San Tirso de Abres, atravesará zonas de Trabada e rematará na Praza dos Fornos de A Pontenova. A proba discorrerá na súa totalidade pola antiga vía do ferrocarril que unía A Pontenova e Ribadeo atravesando ata catro túneles e sempre ás beiras do río Eo.

Antes da saída haberá un acto de homenaxe a Tito Margaride na explanada do pavillón municipal de A Pontenova ao que se lle poñerá o nome do atleta local.

A carreira roldará os 200 participantes, e as inscricións poden facerse en championchipnorte.com.