A II edición do Xove Costa Trail 2021 terá lugar os días 21 e 22 de agosto.

Hoxe venres, ás 13:30 horas, tivo lugar a presentación da II Edición do Xove Costa Trail 2021, na que estivo presente o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias Guerreiro, e os organizadores do Xove Costa Trail 2021. 

Dito evento levarase a cabo os días 21 de Agosto con Andaina e Carreiras para Nen@s e o domingo día 22 de Agosto onde se farán as dúas carreiras Trail, de 25 Km e 15 Km. A maior parte dos circuitos, tanto de Andaina como de Trails, son pola Senda Costeira de Xove. Os caminantes da Andaina sairán da Praia de Esteiro con chegada á Praia de Morás, con un percorrido de 15 Km. As carreiras para os nen@s, serán no entorno do Cabo Morás, con chegada á Meta na Praia de Morás. Os mais maiores correrán uns 1.500 m. e os máis pequenos uns 700 m.

Os corredores de 25K, sairán da Praia de Portonovo, con chegada ó Centro Cívico de Xove. Os corredores de 15K, sairán da Punta da Mansa, con chegada ó Centro Cívico de Xove. A entrega de Trofeos será sobre as 14:00 horas na Praza do Concello de Xove.