A Librería Bahía, de Foz, acollerá o 11 de xaneiro a presentación do libro "A raíña das Velutinas", de Lionel Rexes.

A Librería Bahía, de Foz, en colaboración co club de lectura de A Pomba do Arco, organizan este xoves 11 de xaneiro, a presentación da última novela de Lionel Rexes, A raíña das velutinas. O acto comezará ás 20:30 horas.

No club de lectura de A Pomba do Arco leron esta novela e agora celebran un coloquio co autor na librería aberto a todo o público.

O escritor alfocés Lionel Rexes recibíu o Premio Lueiro Rey de Novela por esta obra publicada por Xerais en outubro de 2017. A narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016. O autor participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos, e a partires desa experiencia, comezou a redactar a novela.