Lourenzá acollerá do 13 ao 15 de abril a celebración do XIII Torneo de Básket Feminino En Xogo 2017.

As Escolas Deportivas Municipais organizan a XIII edición do Torneo Básket Feminino que terá lugar dos días 13 ao 15 de abril. Este ano a participación é a máis mutitudinaria con preto de 30 equipos inscritos e 400 xogadoras presentes neste evento deportivo.

O Torneo disputarase nas categorías senior, junior, cadete e infantil. Na categoría senior os equipos participantes xunto ao Muebles Huertas de Lugo serán: Corazonistas de Madrid, Qart de Valencia, 6´25 de Ponferrada e Corazonistas de Vitoria. 

Na categoría junior intervirán ademais do Ensino de Lugo e C.B. Pontumio de A Coruña, Sagrado Corazón Godella de Valencia, CB Balmaseda de Bizkaia, e Corazonistas e CB Araba de Vitoria. 

Na categoría cadete disputarán este torneo xunto ao Ensino de Lugo, Sagrado Corazón Godella de Valencia, 6´25 de Ponferrada, C.B. Mazagón de Huelva, Dosa Salesianos de Barakaldo, Santutxu de Bizkaia, e CB Araba e Corazonistas de Vitoria.

Na categoría infantil xunto ao equipo de Terras da Mariña de Lourenzá intervirán: Depordima de Ourense, Riveira Basket de A Coruña, 6´25 A e B de Ponferrada, Santutxu e Balmaseda de Bizkaia, CB Araba de Vitoria e CDB de Leça.

A competición dará comezo o 13 de abril e continuarán o venres 14. As finais están programadas para o 15 pola tarde e o acto de clausura será de 20:00 a 21:00 horas.

Neste torneo organizado polas Escolas Deportivas Municipais de Lourenzá, colaboran o Concello de Lourenzá, a Secretaría Xeral para o Deporte, a Deputación de Lugo, a Fundación Deporte Galego, a Federación Galega de Baloncesto e Coca Cola. Os patrocinadores oficiais son: Panadería Neli, Maderas Barcia, Construcciones Augacons, O Rei das Tartas, Exc. Ramsei, Talleres Cardi, Muebles Huertas, Cervecería Abadía e Terras da Mariña Soc. Cooperativa.