Mamá Cabra presenta en Viveiro o 1 de decembro o espectáculo de música infantil "Eu cociño, ti cociñas?". Será no Teatro Pastor Díaz.

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 1 de decembro, o espectáculo de música infantil Eu cociño, ti cociñas?, a cargo do grupo Mamá Cabra, a partir das 18:00 horas.

Conta a historia de Timoteo que cambiou o seu quiosco por un restaurante que se chama Coki. Tan preocupado estaba porque os nenos e nenas comerán saudable que ademais ten un blog, e as súas receitas teñen uns ingredientes moi especiais: sorrisos de mamá, empanadillas con amor… 

Esta é a última montaxe de Mamá Cabra, un divertidísimo espectáculo músico-teatral que parte dunha proposta metodolóxica innovadora, onde a cociña e a alimentación saudable se converten no medio perfecto para traballar diferentes aspectos curriculares e desenvolver as competencias básicas do alumnado. Eu cociño, ti cociñas? é tamén un libro, publicado por Galaxia en 2017, cheo de receitas e cancións.