Marilar Aleixandre e Xosé Ramón Veiga estarán o 20 de abril na Libraría Bahía, en Foz, nun Encontro a carón dos Libros.

Este xoves, 20  de abril, ás 20:00 horas, a Librería Bahía acolle un encontro con Marilar Aleixandre autora da novela “As malas mulleres”, premio nacional de narrativa 2022, e Xosé Ramón Veiga, autor dunha completa biografía de Juana de Vega. Ambos os dous libros editados por Galaxia.

O coloquio versará sobre “Juana de Vega e as malas mulleres”. As malas mulleres que dan título á novela de Marilar Aleixandre son por unha banda as mulleres encarceladas no cárcere da Coruña no século XIX que tiñan maioritariamente como gran crime o de ser mulleres e pobres, e as mulleres liberais da clase alta, como Concepción Arenal e Juana de Vega que loitaban porque as condicións sociais cambiasen.

Unha autora e un autor, por tanto, que se achegan á mesma realidade social e histórica desde dous camiños complementarios como son a biografía e a novela. Estamos seguras de que será interesantísima a súa charla moderada pola filóloga María Liñeira.