A Mariña na Alta Idade Media é o título da conferencia que pronunciará Antonio Rodríguez Baixeras en Foz o 31 de xaneiro. Organiza: A Pomba do Arco.

A asociación A Pomba do Arco organiza unha conferencia sobre A Mariña na Alta Idade Media que terá lugar o 31 de xaneiro ás 20:30 horas na Librería Bahía de Foz. A charla correrá a cargo do historiador Antonio Rodríguez Baixeras.

O colectivo focego organiza este acto público, unha das primeiras actividades deste ano, despois de que no 2019 celebrase o seu XXX aniversario.

Antonio Rodríguez Baixeras é autor de numerosas obras relacionadas con distintos episodios da historia da comarca mariñá.