Microrrelatos, coloquios e música: propostas da Rede Museística da Deputación de Lugo para dinamizar as exposicións "Amar a mar" a través das redes sociais.

A Rede Museística Provincial desenvolverá diferentes iniciativas para a dinamización das exposicións “Derivas” e “Mariñas, marosas e maruxainas” a través das redes sociais. 

As propostas buscan dar un novo percorrido as mostras inauguradas o pasado mes de novembro no Museo de Lugo no marco do proxecto Amar a mar, convidando ao público a 

Microrrelatos á deriva

A través desta proposta, convídase ao público a crear microrrelatos a partir das fotografías da exposición “Derivas”. Cada martes, proporase unha imaxe como punto de partida para os textos, que poden ser individuais, cunha extensión máxima de 280 caracteres, ou colectivos, de forma que a suma dos textos constrúa un único relato.

Os textos serán publicados nas redes sociais da Rede Museística Provincial e  integrados na visita virutal á exposición, accesible na web comunidadermpl.com

Mulleres ao salseiro

A proposta ten como punto de partida a exposición “Mariñas, marosas e maruxainas”, que  incide no papel das mulleres na configuración material e cultural da comarca da Mariña a través de 16 retratos femininos, un por cada concello. O vindeiro sábado 13 de febreiro porase en marcha un ciclo de coloquios en liña coa participación das protagonistas da exposición, a partir das 19.00 horas.

Sons do nordés

A Rede Museística tamén convida ao público a poñer banda sonora as mostras fotográficas, enviando suxerencias musicais ao correo electrónico comunidadermpl@gmail.com

Obradoiro de fotografía en aberto 

Nachok ofrecerá un obradoiro de fotografía en liña, en directo e en aberto a través de facebook da Rede Museística Provincial. Serán oito sesións de 45 minutos, os sábados 6, 13, 20 e 27 de febreiro e  6, 13, 20 e 27 de marzo, ás 12:00 horas. O artista abordará diferentes aspectos relacionados coa creatividade, a linguaxe e a técnica fotográfica.