Mondoñedo acollerá a Festa da Misericordia o 9 de marzo

A Vicaría para la Caridad da Diocese Mondoñedo-Ferrol convoca, un ano máis, a participar na Festa Diocesana da Misericordia 2024, prevista para o sábado 9 de marzo en Mondoñedo, que será presidida polo bispo, Fernando García Cadiñanos.

Haberá unha parte moi destacada dedicada aos máis pequenos, coa participación do grupo Valiván, que é unha empresa familiar dedicada a producir audiovisuais infantís de contido cristián. Tamén dedicarán un espazo para as familias (oración e confesión comunitaria). E para os mozos realizarase unha dinámica especial de oración e de encontro con Jesucristo. 

A organización anuncia que “ao igual que noutros encontros diocesanos, desde cada zona facilitarase o desprazamento en autobús. A proposta é que, individualmente ou en grupo, levemos a comida para compartir. Pero as persoas para as que isto supoña unha complicación poden encargar o menú do día da hospedería do Seminario (11 euros). Para elo teñen que indicalo ao realizar a inscrición”.

Para formalizar a inscrición está dispoñible o whatsapp 616.281.811. A data límite para aquelas persoas que reserven o menú do Seminario será o 3 de marzo e as prazas son limitadas; e para a inscrición en xeral o período remata o 6 de marzo.