A mostra "Outra mirada", de Carmela Villa Río, poderase visitar en Ribadeo do 11 ao 19 de agosto.

A Concellaría de Cultura colabora na organización dunha mostra pictórica de Carmela Villa Río que se inaugurará mañá, 11 de agosto, na sala de exposicións do parque de San Francisco.

O acto dará comezo ás 19:30 horas e posteriormente servirase un viño entre os asistentes.

A exposición, titulada Outra Mirada, permanecerá aberta na sala de exposicións do parque San Francisco ata o mércores da vindeira semana, 19 de agosto. O horario de visitas será de 18:00 a 21:00 horas.