Movart A Mariña organiza unha gala solidaria a beneficio de Médicos sin fronteras e UNRWA España o 18 de novembro en Foz

O Movemento Artístico da Mariña, coa colaboración do Concello de Foz, organiza unha gala solidaria a beneficio dos colectivos Médicos sin fronteras e UNRWA España (comité español da axencia das Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina). Será o 18 de novembro, sábado, na Sala Bahía, de Foz ás 20:30 horas.

O evento denomínase Compromiso 2023 pola paz, pola dignidade, pola xustiza. Haberá escultura, música, pintura, poesía e cerámica.