Na axenda cultural de Ribadeo do 12 ao 14 de abril hai un concerto de piano, o pregón da Semana Santa e un espectáculo de monicreques.

A Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para mañá, 12 de abril, un concerto de piano que correrá a cargo de Manuel Varela Bello. Será ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 3 euros. 

O sábado, 13 de abril, actuará a Coral Polifónica de Ribadeo no pregón da Semana Santa. O acto terá lugar na igrexa parroquial, a partires das 20:00 horas. O pregón será pronunciado por Celia Castro. 

O domingo, 14 de abril, dentro do programa Apego, Tanxarina presenta A Galiña Azul, gañadora do premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2018 e Premio FETEN ao Mellor Espectáculo de Monicreques 2018. É unha montaxe que fala da diversidade e da solidariedade, que emprega diversas técnicas de manipulación de bonecos, traballo interpretativo, música e cancións. Recomendada para nen@s con idades a partir de 3 anos, está copatrocinada pola AGADIC. Terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, ás 17:30 horas. O prezo da entrada é de 3 euros e de balde para os menores de 2 anos.