Na Casa da Cultura de Burela hai unha exposición de postais de Nadal ata o 21 de xaneiro.

A Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela acolle unha exposición de postais de Nadal ata o 21 de xaneiro.

A mostra pode visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

É unha iniciativa da Biblioteca Pública Municipal e da Delegación de Cultura do Concello de Burela.