Na Oficina de Turismo, en Ribadeo, está aberta ata o 7 de xaneiro a exposición de Nadal realizada polos participantes no programa "Aquí?... Coma de 20!!".

Na Oficina de Turismo, en Ribadeo, pódese visitar de martes a sábado ata o 7 de xaneiro a exposición de Nadal realizada polos participantes no programa Aquí?...Coma de 20!!!. Será en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

O belén, que é a novidade deste ano, foi feito por Edita de Santalla e a árbore, de 2018, polos asistentes ao devandito programa. Desde Aquí?... Coma de 20!!! animan á veciñanza "a facer algunha personaxe para o belén, si lles apetece, xa que nos fan falla Reis Magos".