Nas escolas deportivas de Alfoz participan 85 persoas. A Deputación de Lugo colabora co Concello para organizar estas actividades.

A Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, xunto ao Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, mantiveron este mércores un encontro con alumnos do programa de ximnasia de mantemento do municipio, co que colabora o organismo provincial.O Goberno da Deputación achega 8.000 euros para a organización de cinco actividades a través das Escolas Deportivas Deportivas Municipais: patinaxe, ximnasia, ioga, fútbol sala e ximnasia de mantemento, nas que participan 85 veciños e veciñas.

García Bermúdez subliñou que “achegamos 8.000 euros ao Concello de Alfoz para a organización de diferentes actividades a través das Escolas Deportivas facilitando a práctica deportiva a veciños do Concello de todas as idades. Facémolo porque consideramos que investir en deporte é investir no benestar dos lucenses. Neste sentido cómpre subliñar que a Deputación de Lugo é a administración que máis inviste en deporte na provincia”.

Así mesmo, a Deputada adiantou que “o Goberno da Deputación financiará con 36.000 eurosa execución dun aparcadoiro nas inmediacións do campo de fútbol municipal e o arranxo de accesos a estas instalacións, que son empregadas a diario polos veciños e veciñas do Concello de Alfoz”.