No Castelo de Castrodouro, en Alfoz, pódese visitar ata novembro a exposición "Mobilandia II", do fotógrafo lugués Pepe Álvez.

A exposición Mobilandia II, do fotógrafo lugués Pepe Álvez permanecerá aberta no Castelo de Castrodouro ata o vindeiro mes de novembro. O horario de visitas é os fins de semana e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00.

Esta mostra é unha colección na que Pepe Álvez (Lugo, 1953), presenta fotos feitas na súa totalidade co teléfono móbil. As instantáneas son a cor, de temática variada pero predominando as paisaxes rurais. En plena época de dominio dos “selfies” este veterano profesional demostra que coas novas tecnoloxías se pode facer un traballo artístico aloxando un pouco oo foco e sen que teña que saír en primeiro termo necesariamente que realiza a foto.

Na inauguración que tiña lugar o pasado sábado, o Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz, Xabier Pardiñas, agradecía á Deputación e á Asociación da Prensa a súa participación nesta mostra e salientaba que “dende fai dous anos a concellería de Cultura e Turismo de Alfoz está traballando para congregar neste Ben de Interese Cultural diferentes exposicións e actividades”.