No Valadouro haberá actividades de manualidades para a rapazada de 3 a 14 anos o día 2 de xaneiro

O 2 de xaneiro volven celebrarse actividades para nen@s, con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos, para pasar unha tarde divertida a cargo de Bea, voluntaria do Taller de Manualidades, como aconteceu hai uns días.

O horario será o seguinte: 
- Nen@s de 3 a 9 anos, dende as 16 ás 18 horas.
- Nen@s de 10 a 14 anos, dende as 17 ás 19 horas.

O lugar de celebración destas actividades será o Local do Antigo Matadoiro.

Os nen@s ata 6 anos deben estar acompañados dun adulto.

Para presentar a solicitude de participación será preciso poñerse en contacto cos Servizos Xerais ou na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro no teléfono
982574000 e 982571516 respectivamente. Informa da ampliación do prazo de inscrición a Concellería Delegada de Asuntos Sociais do Concello do Valadouro.