O 10 de febreiro haberá teatro en Barreiros. Faro-Miño porá en escena "Langreira de amor", unha obra cómica para todos os públicos.

O grupo Centro Teatral Faro-Miño actuará este domingo, 10 de febreiro, en Barreiros, onde porá en escena a obra Langreira de amor.

A representación terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas. Trátase dunha obra cómica para todos os públicos.

Está organizada polo Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil-Biblioteca.