O 10 de novembro haberá teatro en Barreiros. O grupo A Adala porá en escena "Comeza a función".

O grupo de teatro Adala representará a obra "Comeza a función" este domingo, 10 de novembro, ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros.

A historia transcorre nunha aldea nos anos 40 contada en ton de comedia.

A representación inclúese no proxecto teatral Buxiganga da Deputación de Lugo.

O Concello de Barreiros colabora na organización deste evento, a través da súa concellería de Dinamización e Participación Cidadá.