O 11 de novembro haberá unha nova sesión de "Familias que contan" na Librería Bahía, de Foz. Titúlase "O peixe de cores".

Este sábado, 11 de novembro, na Librería Bahía haberá “unha nova sesión de Familias que contan, o proxecto que levamos adiante na librería no que son as propias familias as que preparan unha historia para contar, aberta a todo o público”, explican desde este establecemento. 

O sábado ás doce da mañá a historia vai ser “O peixe de cores”

Van contar: Ana Belén Otero Montenegro coa súa filla Sofía Cordal Otero e Isabel Sánchez Corral co seu fillo Adrián Fernández Sánchez.

Ademais o 10 de novembro celébrase o día das librerías, “e este día teremos un 5% de desconto en todos os libros –desconto máximo permitido pola lei do libro- e celebraremos unha sesión do obradoiro de escritura que leva adiante na Librería Bahía o poeta Eduardo Estevez”, engaden.