O 12 de agosto terá lugar na Praza Maior de Viveiro o XXXVII Festival de Música Coral.

O vindeiro sábado, 12 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII edición do Festival de Música Coral. Nel participarán a Coral Polifónica de Meirás, a Coral Polifónica de Noia e a Coral Polifónica Alborada de Viveiro. O evento será na Praza maior ás 21 horas.

Os organizadores, Coral Polifónica Alborada, contarán coa presencia da soprano Clara Panas e a pianista Marta Blanco Pérez e co patrocinio do Concello de Viveiro.