O 12 de maio terá lugar en Mondoñedo a presentación de Mariña Jazz Band, formación integrada por estudantes das Escolas de Música de Ribadeo, Xove, Burela, Foz e Mondoñedo.

O vindeiro 12 de maio ás 20:00 horas presentase no Auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo, a Mariña Jazz Band, unha formación integrada por estudantes de música das escolas de Mondoñedo, Foz, Burela,  Xove e Ribadeo, e coa colaboracións doutros músicos entusiastas deste estilo musical, todos eles baixo a dirección de José Rodríguez García porfesor superior da especialidade de Jazz polo conservatorio superior de A Coruña.

José Rodríguez García forma parte da primeira promoción de titulados en Jazz de Galicia, músico de grande experiencia e traxectoria ten feito traballos para a TVG coma a Gala Saudade de Ti, a serie televisiva Los Atlánticos, ou programas coma Land Rover ou Tourilandia.  Participou en  diferentes Master Class con Steve Brown (New York), Aruan Ortiz (New York), Rosario Giuliani (Roma), Randal Hall, (Philadelphia), Jorrit Dijkstra (Berkeley, Boston).  Asistíu a  seminarios con: Bobby Martínez, Brian Traidor, Jeff Jerolamon y Richie Ferrer, Roberto Somoza, Fernando Llorca, Andy Philips, Charlie Moreno y Carlos Calviño. Integrante de Quique Alvarado Cuarteto y de Alfredo García Quartet (Riding into a new path. 2012), participa con a súa propia formación Jose García Wild Trío no Imaxina Sons, Festival Internacional de Jazz de Vigo. Integrante de DinA4, formación coa que actúa no Festival Internacional de Jazz de Vigo e no Festival de Jazz y Música Moderna de Monforte de Lemos. Forma parte ou colabora con diferentes formacions entre as que destacan: Imaxina Sons Jazz Orquestra, Big Band pertencente ao Festival Internacional de Jazz de Vigo, a recentemente creada Orquesta de Jazz de Galicia, Borja Quiza Bigband; José Somoza  Bigband e Bigband do Conservatorio Superior de Música de A Coruña, formación coa que participa na gravación de “Galitalia Jazz Meeting”, participa no festival Iberojazz 2011, baixo a dirección de Antonio Solimene e a participación de Rosario Giuliani, Ademais colabora ou forma parte de outras formacions con diferentes estilos musicais como: Kosmic Muffing, Miki Nervio & The Bluesmakers, FLU, Brothers in Band, Victor Aneiros Band, Susana Seivane, SES, Heredeiros da Crus, Black, etc . Dende o ano 2008 é coordinador da área musical do Campus Juvenil Internacional Climántica, programa de sensibilización medioambiental da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

A Mariña Jazz Band  é un proxecto  educativo, ligado á idea de fomentar o estudo e aprendizaxe da música moderna tomada coma unha disciplina de entidade propia dentro dos estudos musicais e coa intención de difundir o Jazz en tódalas súas vertentes.

Esta formación interpreta repertorio jazziístico de tódalas épocas con diferentes arranxos tanto vogais coma instrumentais de temas tan coñecidos coma Blue Moon ou Summertime.

A Mariña Jazz Band foi presentada por Alberto García, concelleiro de Cultura de Mondoñedo, por Xan Carballal, director da Escola de Música mindoniense e por José Rodríguez, director de Mariña Jazz Band.