O 13 de marzo haberá en Barreiros unha charla informativa sobre seguridade vial. Está organizada polo Concello, a DGT e a Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico.

En Barreiros terá lugar unha charla sobre seguridade vial o vindeiro luns, 13 de marzo. 

Esta actividade leva por título Para, Reflexiona, Actúa. Será o luns no centro sociocultural, en San Cosme de Barreiros, a partir das 17:00 horas.

Organizan este acto, xunto ao Concello de Barreiros, a Dirección General de Tráfico e a Unidade de Vítimas de Accidentes de Tráfico.