O 13 de novembro terá lugar en Xove unha andaina popular contra a violencia de xénero.

O día 13 de novembro, organizada por AGADER (Axencia Galega de Desenvovemento Rural), desenvolverase unha andaina popular contra a violencia de xénero.

Realizarase un tramo do Camiño do Mar (recoñecido como un dos Camiños de Santiago oficiais) de 5 km, desde a praia de Esteiro, en Xuances (Xove), ata a praia de Area, en Viveiro, ao terminar a andaina haberá un pequeno aperitivo.

A hora á que haberá que estar no punto de partida é as 10:30 horas, onde se repartirán unhas sudadeiras da xornada entre os participantes e a saída á ruta será ás 11:00 horas. O tramo levará aproximadamente 1 hora e media.

As persoas interesadas en participar poden anotarse por mensaxe privado ou no teléfono: 609 83 76 45 (preferiblemente mediante WhatsApp).