O 14 de febreiro terá lugar en Trabada unha nova edición dos Cantos de Taberna, entre as oito da tarde e as once da noite.

O Concello de Trabada organiza, por terceiro ano consecutivo, Cantos de Taberna.

A actividade celebrarase este venres, 14 de febreiro, a partires das 20:00 horas, no Mesón Camiño Norte e na Taberna da Curuxeira.

As actuacións en directo de música tradicional prolongaranse ata as 23:00 horas.
Organizan este evento: Concello de Trabada e Trabada Camiño Natural.