O 14 de xullo haberá rock infantil pola tarde e ruta de sendeirismo nocturna no Vicedo.

Desde o Concello sinalan: “comezamos unha nova semana con actividades, nesta ocasión concentradas no mércores 14. Ás 20 horas teremos música rock infantil con Paco Pakolas e Laura Romero co espectáculo Ti debuxas, eu C@nto con Ramona Órbita. Trátase dun espectáculo de animación á lectura subvencionado pola Xunta de Galicia en Ler Conta Moito”. 

E engaden: “e ás 22:30 horas será a ruta nocturna que parte da zona da ponte sobre o río Sor e remata na praia de Xilloi con chocolatada opcional por 2 euros. Unha actividade para toda a familia para as noites de verán. Inscricións no 982 59 01 95 ou no mail omix@concellodovicedo.org”.