O 14 e o 18 de agosto poderanse reservar en Viveiro as entradas para a representación do Teatro dos Irmáns Álvarez Quinteiro.

Os días 14 e 18 de agosto poderanse reservar en Viveiro as entradas para a representación do Teatro dos Irmáns Álvarez Quiteiro, a cargo do Grupo de Teatro Andanzas de Viveiro. 

A obra será o 19 de agosto ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, con entrada de balde. 

Reserva de entradas: luns 14 e venres 18 no teléfono 982560162, en horario de 09.00 a 14.00 horas ou  no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es, e tamén na  taquilla do teatro o día da función, unha hora antes.