O 15 de decembro terá lugar en Burela o XXX Festival de Panxoliñas e Polifonía no que actuarán as Corais de Burela, de Campo Lameiro e de Buelna.

O vindeiro sábado, día 15, terá lugar en Burela o XXX Festival de Panxoliñas e Polifonía. O Concello colabora coa organización do evento, que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura a partires das 20:30 horas.

A Coral Polifónica de Burela organiza este festival no que actuará xunto ás Corais Polifónica de Campo Lameiro, de Pontevedra, e La Encina de Mata de San Felices de Buelna, de Cantabria.

A actividade conta co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.