O 15 de decembro terá lugar na Librería Bahía, de Foz, unha sesión de contos de Nadal en inglés da man de Kids & Us.

Este sábado, día 15 de decembro, a Librería Bahía e Kids&Us organizan unha sesión de contos en inglés, que se celebrará en Librería Bahía de Foz.

Os relatos terán como protagonista a Papá Noël. A actividade está dirixida a nenos e nenas de todas as idades, e dará comezo ás 12:00 horas.