O 15 de novembro será o segundo sorteo do Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En xogo estarán 600 euros en vales de compra.

Mañá, venres, terá lugar o segundo sorteo do Campañazo de novembro, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz. En xogo estarán outros 600 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados. 

Nesta tradicional cita participarán 45 establecementos comerciais e de hostalería. Os sorteos celebraranse ás 23:00 horas e en cada un deles entregaranse 300 euros en vales de compra á persoa ou persoas que canten o Campañazo e outros 300 euros ao resto de cartóns premiados. O sorteo ofrecerase en directo a través de Radio Foz, no 107.4 da FM.

Os 31 comercios que participan nesta nova edición do Campañazo de Foz son: Alain Afflelou Óptica, Hola Ola, Asesoría Marcos Fernández, Kukadas, Casa Moreda, La Flor Abulense, Cenor Belianorte, Librería Bahía, Centro Dietética Alba Vila, Lourdes Moda Íntima, Centro Óptico Eliseo, María Docampo, Construcciones y Canalizaciones José Saa, MRW, Decoraciones Pura, N1 en Zapatillas Foz, Decoraciones Pura Outlet, Ofifoz, Din & Don, Pastelería Anduriña, Don Zapato, Salai Campo, Electricidad Núñez, Suministros Veipa, Estación de Servicio Foz, Unique-2, Estanco nº2 (García Lorca), Vagaluz, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer e Viajes Rodríguez.

Aquelas persoas que participen no Campañazo deberán seguir os sorteos desde estes 14 locais de hostelería: A Antigua Bolera, A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Casa Damián, Happy Days, Meraki, O Lar, Pizzería Xoíña, Restaurante Dandy, Tangarte Mariñeiro, Xoyma e Yoglio. Desde alí deberán chamar a Radio Foz para cantar os premios. 

O Concello de Foz, a Xunta de Galicia e Radio Foz colaboran co CCA de Foz na organización do Campañazo 2019.

O Centro Comercial Aberto destina en total a esta cita 2.400 euros en vales de compra para consumir no comercio e na hostalería locais.