O 15 de xullo celebrarase en Celeiro a XXIV Festa da Merluza, que organiza o colectivo Chilindrín Penalba.

Celebrarase o vindeiro 15 de xullo a XXIV edición da Festa da Merluza de Celeiro. Será ás 21:00 fronte á piscina municipal. Os asistentes terán a oportunidade de degustar un dos produtos máis importantes da Mariña lucense en diferentes formatos,  como en caldeirada, á galega ou en salsa verde son soamente algunhas das opcións. 

A festa, declarada de interese turístico galego no 2013, está organizada polo Colectivo Chilindrín Penalba, de Celeiro. Nesta edición, conta con diferentes colaboradores como a Xunta de Galicia, Abanca ou Estrella Galicia, entre outros.

Esta festa supón cada ano un dos eventos gastronómicos máis importantes da comarca e espérase que neste 2023 aumenten aínda máis os seus comensais. A asociación organizadora insiste: “Non te quedes sen degustar os distintos pratos!”.