O 16 de maio terá lugar a cea de conmemoración do 30 aniversario da creación de Acia Foz. Autoridades e asociados daranse cita no evento.

Todo está listo para a cea de conmemoración do 30 aniversario da creación de Acia Foz, que terá lugar mañá, mércores, a partir das 21:30 horas no hotel restaurante Leytón.

Ao acto asistirán a directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, a responsable da Área de Economía da Deputación de Lugo, Mayra García, o presidente da Mancomunidade de Municipios de Mariña, Alfredo Llano, o alcalde de Foz, Javier Castiñeira, así como edís dos diferentes partidos con representación no Concello focense. Exercerá como anfitrión o presidente de Acia/CCA, José Carlos Paleo, xunto ao resto da directiva da asociación que acaba de renovar por outros catro anos. 

Na cita renderase homenaxe a Suso Fernández, o primeiro presidente de Acia Foz, que ocupou ese cargo durante 15 anos. Na actualidade e cronista oficial do municipio. 

Na velada, á que asistirán asociados e asociadas ao CCA así como representantes dos medios de comunicación da comarca, haberá algunha que outra sorpresa. O evento será presentado pola xornalista Carmen Cruzado, directora de Faro Norte Comunicación.