O 16 de xullo celébrase a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro. Os asistentes poderán degustala en oito elaboracións diferentes.

A Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participou este xoves na presentación dunha nova edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro, coa que colabora economicamente a institución. Ao acto, que tivo lugar na carpa instalada polo Concello de Viveiro para a celebración da festa no porto de Celeiro este sábado, asistiu a Alcaldesa viveirense, María Loureiro, e o presidente da Asociación Cultural e Deportiva Penalba,organizadora da xornada, Juan Canoura.

“Desde a Deputación de Lugo colaboramos un ano máis con esta citaporque contribúe a poñer en valor a riqueza gastronómica da nosa provincia”, subliñou González Abelleira, quen sinalou tamén que estafesta“reúne ano tras ano a milleiros de visitantes, atraídos pola merluza do pincho, pero tamén polo bo ambiente e o carácter acolledor que ten esta cidade”.

A Deputada provincial asegurou que a merluza do pincho de Celeiro “fala moito e moi ben de Viveiro polo mundo”. “É un dos produtos máis respectados e valorados da gastronomía a nivel nacional”, e un exemplo da “mellor cociña galega”, que “crea emprego, que dinamiza a economía e que permite fixar e atraer poboación”.

González Abelleira destacouo traballo da asociación organizadora,  o apoio do Concello, que este ano financia a carpa na que se celebra o festexo, e a colaboración darede de voluntariado,que está composta por arredor de 60 persoas, e que fai posible que a cita saia adiante.

Na mesma liña, a Alcaldesa de Viveiro resaltou que este encontrocaracterízase pola implicación dos voluntarios, aos que agradeceu o seu labor e sinalou tamén que, tras dous anos de parón pola pandemia, “é unha alegría que poidamos desfrutar de novo desta festa e de saborear este produto, elaborado de oito maneiras deliciosas”.

Este ano, os visitantes que se acheguen a este espazo poderán degustar a un prezo de entre 3 e 8 euros, 8 elaboracións distintas de ata 900 quilos deste produto: especial Penalba, merluzaen salsa verde, á galega, en salpicón, en caldeirada e empanada, tamén en pizza, e chilindrines e snacks de merluza, que serán a novidade de desta edición.