O 17 de maio na Casa da Cultura do Valadouro haberá unha charla e unha representación para celebrar o Día das Letras Galegas.

O salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro acolle unha charla e unha representación para celebrar o Día das Letras Galegas o luns 17 de maio ás 19:00 horas.

En primeiro lugar Lionel Rexes falará sobre a vida e obra de Xela Arias e despois haberá unha representación titulada Sentido Común, con Ángeles Goás, Dani Blanco e Carmen Conde.

O Concello do Valadouro destaca que “a Real Academia acordou renderlle homenaxe a Xela Arias, unha voz singular, transgresora e comprometida, como representante da xeración que renovou nos anos 80 a poesía galega e foi pioneira na tradución de clásicos”.