O 19 de agosto terá lugar a V Concentración de Retroclásicos en Barreiros.

Hoxe presentouse a V edición da Concentración de Retroclásicos Barreiros que terá lugar mañá, 19 de agosto, no aparcadoiro da praia de Coto a partires das 10:00 horas.

No evento haberá unha exposición de motos e coches clásicos que poderá visitarse ata as 13:30 horas aproximadamente. Hora na que partirán todos os vehículos alí presentes dirección ao Restaurante da Yenka, onde terán unha comida de confraternización e haberá a entrega de trofeos.