O 19 de xullo haberá un espectáculo de maxia en Barreiros. Está dirixido ao público familiar.

Os magos Manuel Lamas e Owy presentarán o espectáculo Nada é imposible o venres, 19 de xullo, ás 12:00 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros.

Dirixido ao público familiar conta historias nas que mesturan efectos máxicos e humor ao tempo que interactúan cos espectadores.

A entrada será gratuíta ata completar aforo.

Organizan o Concello de Barreiros e a Xunta a través do programa Cultura no Camiño.